domingo, 31 de mayo de 2020

UN PEQUENO LUGAR , UNHA GRAN HISTORIA: SANTA MARTA

 


A praia de Santa Marta está localizada a entrada da Vila de Baiona o pé da península que leva o mesmo nome, debido a ermida adicada a esta santa que se sitúa no alto.


 
 A paria é un areal branco de gran fermosura, de 250 metros de lonxitude, que vai dende a estrada de entrada a Baiona ata a desembocadura do río de Baíña. Do outro lado do río temos un conxunto de rochas que completa este espazo tan especial. 




Varios estudosos, entre eles o coñecido Hidalgo Cuñarro, afirman que na pequena península de Santa Marta levantouse un castro, datado nos séculos III-I antes de Cristo. Este castro  situado no cabo sería un lugar estratéxico e seguro para os nosos antepasados, a ubicación nos levaría a pensar nun lugar similar o famoso castro de Baroña.


No alto da península atopamos a Capela de Santa Marta. Dende moi antigo este lugar fora adicado a devoción da Asunción, e sería segundo varios estudos sería a partir o mneos dende 1808 cando comenzaría a  compartir a devoción con Santa Marta. 


Trátase dunha pequena capela con estilo románico de transición do século XIII seguindo a información de Ángel del Castillo (1972), aínda que este edificio foi obxecto de moitas actuacións, como a do campanario e o adro da cruz.




Un de los capítulos mais coñecidos da historia de Baiona é  o da chegada as nosas costas do famoso Francis Drake, o cal os españois coñecían como "el Draco": gran inimigo de España e heroe de Inglaterra (ENLACE) (VIDEO). 

Este coñecido corsario inglés despois de moitos ataques as colonias españolas en América chegou as costas da península con realizou diversos a Cádiz, Baiona, Vigo e A Coruña.


O intento de asalto a fortaleza de Baiona aprace recollido nas crónicas que nos ofrecen Ulpiano Nogueira e José de Santiago (1902) e nos conta como a flota de Drake retívose nas illas Cíes e enviaron un numeroso grupo de recoñecemento que acamparon no Burgo e profanaron e queimaron a capela da península de Santa Marta. 



A Vila de Baiona comezou a preparar a súa defensa da man de D. Pedro Bermúdez o cal se lle sumaron uns 300 homes de armas enviados por D. Diego Sarmiento de Acuña. Drake vendo que Baiona estaba a preparar unha boa defensa e que o tempo no mar estaba a empeorar decidiu facer vela. 
Sobre este capítulo faremos un artigo mais extenso no futuro xa que é de grande interese para moita xente.

Sir Francis Drake. Pymouth en Devon England

Na punta da península atopamos un pequeno íllote o cal podemos acceder a través dunha pequena ponte, no centro atopamos una estatua de ferro de grande dimensións que nos leva a memoria as grande obras do escultor vasco Eduardo Chillida (ENLACE). 



Esta obra colocada no 1999 e da artista galega Soledad Penalta (ENLACE), aínda que é importante a súa obra en cerámica, a súa personalidade mais definida está nas pezas de ferro, na que absorbeu modos que se inician en Gargallo e van ata Chillida.


Mirando cara a praia atopamos una graciosa figura dun golfiño que cruza un aro, una obra feita cando se fixeron os muros de na subida a capela e algúns acesos por canteiros do concello de Baiona.


Existe un fermoso paseo arredor de toda a península e o outro lado temos un pequeno peirao que aínda conserva algunhas embarcacións de mariñeiros e cunha zona de bancos que eran lugar de reunión de moitos maiores.  Da outra veira xa arranxa a praia da Ladeira que pertenence a parroquia de Santa Cristina



.

Foto de Xandro Penedo



Como curiosidade e sinalar que nesta península de Santa Marta se atopa unhas das 150 estacións meteorolóxicas que hai en Galiza e se pode acceder os datos a través de Meteogalicia (ENLACE)


Algunhas fotografías de Santa Marta:










miércoles, 27 de mayo de 2020

PARQUES EN FONTES

 Neste lugar de Fontes fai moitos anos houbo un pequeno parque cuns bancos para a xente poder pasar un tempo cos veciños. Hoxe en día está nun estado penoso, non estaría nada mal ter estás zonas comúns ben arranxadiñas e limpas, sobre todo na primaveira e no verán.


Este parque está o pé do colexio de Fontes cunhas vistas moi fermosas da zona de Baredo. Este parque é especial xa que conta con mesas e un circuíto de xogos para nenos, ademais cos árbores que dan boa sombra. Está separado da estrada, así que da tranquilidade os país para que os menos xoguen e ten espazo para estacionar.

Este verano que moitas praias están ateigadas, recuperar estes espazos para os veciños sería primordial. Estaría ben una limpeza e un arranxo.








martes, 26 de mayo de 2020

OBRAS NO CENTRO CULTURAL



Esta semana arrancaron as obras da entrada e novo acceso do Centro Cultural de Baíña, unha obra que seguro deixará un mellor espazo para o gozo de todos os veciños.
Aproveitamos a ocasión para lembrar cunhas fotografías como era esta lugar antes da chegada da autoestrada e da creación do Centro Cultural no ano 2004.




lunes, 25 de mayo de 2020

UN TESOURO NA PARROQUIA: OUTEIRO DOS LAMEIROS




"Os pretroglifos ou gravados rupestres constituen, sen ningún xénero de dúbidas, a mais importante manifestación artistica da prehistoria da nosa rexión e unha das mais importantes da Europa Occidental" así comenza o libro "Petroglifos de Galcia" escrito por De la Peña Santos e Rey Garcia (Via lactea, 2001). 



Os montes de Sabaris e de Baíña comparten unha das mellores estacións de arte rupestre de Galiza, situada nun espacio natural, a 186 metros de altitude, e trátase dun conxunto formado por máis de 30 pedras gravadas con unha antiguedad de data nalgúns caso de 4000 anos. Mais información: 




O acceso a este espacio pode facerse por determinadas zonas, o mais sinxelo e accder dende o encoro de Baíña, a Estacón rupestre está apenas 500 metros. Lembramos a todos o s vistiantes que é importante non pisar os gravados e por suposto non deixar lixo nin danar este fermoso espacio. 
 Deixamovos o enlace dunha ruta que seguro será de interese para moita xente (ENLACE)




Sendo isto así, e se nos atopamos ante un gran espacio arqueoloixo caberia preguntarse se realmente este espacio conta ca protección adecuada, cos accesos adecuados para os vistantes e se lle está sacar o rendemento que se podería.

Os alumnos dos centros do Concello, ou de todo o Val Miñor, que ese ano cursen materias relativas a prehistoria, poderían visitar este espacio tan especial do patromonio.

Igualmente poderianse facer desde diversas institucions determinadas visitas guiadas co fin de promocionar tal espacio, o final canto mais valor se lle de e mais se difunda a seu valor maior vai ser o coidado.  



Dende fai uns anos o Instituto de Estudos Miñoranos puxo en valor este espacio con diversas charlas e visitas ao igual que a comunidade de monte de Santa Cristina de Sabaris que cada verán fai unhas rutas ca Asociación Encaixamos. Unhas visitas que contaban con música, posto de bocadillos e incluso Queimada.

Visita guiada no ano 2015 da Comunidade de Montes de Santa Cristina


Como curiosidade apuntar que estes gravados van sendo cada vez mais coñecidos e se poden ver representados en diversos lugares na publicidad de negocios locais, incluso o club deportivo Baíña Fútbol Sala, tomou un destes gravados para facer o seu escudo.



A MOCIDADE MAIS SOLIDARIA



A mocidade comprometida ca sociedade. Un mozo de 21 anos, veciño de Baíña, doou toneladas de patacas de Ourense para as familias con menos recursos da zona do Val Miñor durante este tempo de confinamento. A última donación é para o noso Concello, unha tonelada que chegará estes días a Baiona. 

Ademais da doazón do produto, está tamén toda a xestión do transporte que este mozo logrou grazas a súa vontade de axudar. 

Sen dúbida e unha gran ledicia ver a mozos tan comprometidos ca xente que mais o necesita e que se preocupen polos demais. 

En nome de moitos veciños grazas a Toñi e a patacas Blanco e Barallocas.


viernes, 22 de mayo de 2020

O MEL DE BAÍÑA

 


O mel é considerado como o ouro doce da natureza. Uns dos mellores do mundo e o mel galego, e nos nosos montes de Baíña temos unha boa producción. Ca marca RISCO, fai uns 5 anos comezouse a comercializar este mel dos montes da nosa parroquia, mais xa contaban con moitos anos de experiencia de traballo cas abellas.

Mel Risco de Baíña

Nos últimos anos  a producción de mel  saiu adiente con moitos mais problemas debido a aparición a "Vespa Velutina", que supón unha gran ameaza para a nosa abella autóctona, mais se cadra por estes lugares porque esta Velutina se da moito  nas zonas de costa. (ENLACE)




O responsable de RISCO tamén forma parte dá asociación galega de apicultores, un colectivo que ademais de favorecer a todos os apicultores tamén e adican a formación con cursos e vistas a centros educativos para que vos  mais cativos coñezan ou valor dás abellas á súa importancia na natureza. (ENLACE). Recentes estudos científicos consideran a abella como o ser vivo mais importante do planeta (ENLACE)



Aínda que o mel de Galiza é unha denominación única, no seu seo atopamos diferentes sabores, texturas e padais, dependendo das flores que lle dan a súa orixe. Unha gran maioría do mel galego é de milflores pero hai variedades como a de castaño, breixo, silva ou eucalipto (ENLACE).




Nós últimos anos non mes de agosto facíanse exposicións nos concellos do Val Miñor e o día grande é a famosa romaría de San Cosme e San Damían,  que se celebra en Baiona o finais do mes de setembro, coñecida como a festa "da mel e das noces".


Postal da popular Romaría de San Cosme e San Damían

A  mel  é un produto de gran riqueza, o  consumo de mel de abella é altamente beneficioso para o noso corpo e saúde, xa que se comprobou que o mel é unha gran fonte de enerxía, estimula a formación de  glóbulos vermellos porque posúe acedo foleco, axudando tamén a incrementar a produción de anticorpos, desta maneira, neste momento o seu consumo debería aumentarse, sobre todo en nenos e persoas maiores. (ENLACE)



Este mel RISCO pódese adquiriren varios lugares, entre eles na tenda do noso pobo Alimentación Nori, non barrio dás  Laxes.