Ano 2017. 15 de outubro. Galiza sufre a peor ouleada de incendios da súa historia, unha xornada tráxica que deixaría 49.000 hectáreas arrasadas e 4 vítimas mortais. A nosa parroquia viviu esa xornada tamén con tensión xa que se declaraba un lume na Peniza, un lume que amenazaría con desbastar vivendas de Baíña e incluso zonas de Baiona como no foi o caso do Barrio de Anunciada, o esforzo dós veciños, armados con mangueiras y cubos, logrou solventar a grave situación.
O monte de la Peniza quedou en gran parte arrasado e dende aquela non se realizou ningunha actuación sobre el, agora miles de eucaliptos crecen nas súas ladeiras. A Peniza conserva un exemplar único do concello de sobreira, esta sobreviviu o terrorífico incendio.
Para non esquencer: VIDEO DO INCENDIO EN BAIONA 2017
Sería preciso unha repoboación de toda esta contorna devastada con árbores autóctonas como carballos, loureiros ou castiñeiros. Son especies que resisten ben o lume e non prenden con tanta facilidade. É unha zona por onde non pastan animais, polo que tampouco se prexudicaría ningún pasto.
Recuperar un espazo moi cércano a Vila que podería ser un gran centro de natureza ben coidado, con sendeiros que seguro sería algo magnífico para todo o pobo e incluso pode ser una fonte de emprego e podería transformase nun lugar educativo "aula de natureza aberta" esté monte está no centro de grandes centros educativos como son IES Primeiro de Marzo, o Colexio de Cova Terreña e o Colexio de Fontes. Sería tamén un grande reclamo turismo como complemento de outras actividades que oferce a nosa Vila
O monte de A Peniza engloba unas 74 hectáreas de terreo e cunha altitude máxima de 181 metros. Considerado en BIC (Ben de Interese Cultural) cunha protección integral debido a suposta presencia dun antigo asentamento Castrexo da Idade de Ferro. A existencia dun xacemento arqueolóxico baséase na aparición durante a década dos anos 80 varias pezas de cerámica que indicarían a presenza dun antigo poboado castrexo neste lugar estratéxico desde onde se domina todo o Val Miñor. Pero nunca houbo unha escavación que cheguera determinar se o espazo chegou a estar ocupado polos antepasados dos baioneses e se esa calificación de BIC é correcta.
O que é evidente é que a Peniza foi a gran canteira para a Vila de Baiona: A fortaleza que rodea a península de Monte Boi, o convento das Dominicas ou a igrexa parroquial de Baiona, son algunhas dos elementos arquitectónicos aos que a canteira do monte da Peniza achegaría materia prima. As marcas que revelan unha explotación da pedra non son os únicos indicios, senón tamén a proximidade desta canteira coa vila. Non parece lóxico levar a pedra doutro lugar máis afastado, sobre todo tendo en cuenta que a pedra que hai no monte da Peniza é dunha gran calidade.
No alto da Peniza, cunhas vistas privilexiadas do Val Miñor, existe un conxunto de pedras granitos de gran tamaño e nunha das covas atopase un gravado moderno de gran tamaño: tratase dun cáliza coroada polas sagrada forma radiada, seguramente o seu orixe foi de veciños que se votaran o monte en diversas etapas para de pestes ou invasións.
O estado actual de este fermoso monte deixa moito de desexar, cun difícil acceso debido o abandono dos camiños e a proliferación de eucaliptos por todos lados. Sería desexable que ás institucións puxeran en valor este gran espazo natural, con limpezas, arranxo de camiños, repoboación de autóctonas, etc.
Por que non pensar nunha ruta de senderismo por esta zona tan fermosa e tan carga de historia, sería beneficioso directamente para todos os veciños de Baiona e seguro que tamen interesante de cara atraer turistas nás diversas estacións do ano.
Camiños polos cales e imposibel transitar.
Os eucaliptos están por milleiros nesta zona.
PARA A REFLEXIÓN: