Baíña é unha parroquia extensa (7,62 km²) e cunha poboación de veciños moi espallada entre polos diversos núcleos: O Burgo, Chaparral, Laxes, Cruceiro, Igrexa, Fontes e San Cosme.
A vía principal de comunicación e a estrada C-550 que cruza a nosa parroquial, una estrada que sufrira a súa principal reforma alá polo anos 60 do século pasado co primeiro asfaltado, e será a partir do ano 2000 cando reformariase definitivamente ca creación dás aceiras en diversas zonas.
O Burgo situado na parte baixa da parroquia a veira do mar debe o seu nome o topónimo xermánico Burg, que significa poboación pequena dependente de outra poboación, neste caso facendo referencia a Vila Real de Baiona.
O barrio das Laxes situado por riba do Burgo debe o seu nome o topónimo de raíz prerromana Lágena que viña a significar pedra lisa ou grande, e evidente que o nome ven como anel o dedo xa que esta zoa esta composto por grandes laxes.
Mais próximo a zona de Baiona atopase o moderno barrio do Chaparral como normalmente e coñecido, aínda que o seu nome oficial e Almirante Fontán. Moi perto existen novas urbanizacións como O Loureiral ou Illas Estelas.
Subindo pola estrada principal chegamos o Cruceiro, topónimo latino de Crux en referencia o Cruceiro que existe no centro do barrio dende 1867.
Chegamos os Eidos que debe o seu nome o latín adictus, un espacio de vivendas con terras de cultivo preto, dás casas de hai o seu toponimo.
Do outro lado dos Eidos atopamos o Río evidentemente o seu nome fai referencia a súa localización cércana co río ou arroio de Baíña que os separa do resto dos espazos habitados.
O barrio da Igrexa lóxicamente debe o seu nome a ubicación da igrexa parroquial nesta zona, un barrio pequeno pero dunha gran beleza que conta con varios camiños e a famosa fonte de Santa Mariña.
Se seguimos a estrada principal chegamos o barrio de Fontes procedente do latín Fon, tis que ven a significar fonte o manantial de auga.
Na parte alta da parroquia atópase San Cosme, hoxe en día só viven un par de veciños, pero que conta cunha grande historia de vital importancia na contorna, e que seguro iremos abordar nun futuro.
É de salientar que pola nosa parroquia pasa o camiño mais popular da historia, o camiño de Santiago. ETAPA BAIONA-VIGO DO CAMIÑO DE SANTIAGO INFORMACIÓN DO CONCELLO DE BAIONA
Esperando que a información sexa de utilidade, nos gustaría contar ca vosa colaboración para corrixir posibles erros e engadir camiños ou rúas que non esteen sinalizados: bainarede@gmail.com