![]() |
Centro Cultural de Baíña |
Fai agora 15 anos uns mozos e mozas de Baiona decidiran organizarse nunha asociación co obxectivo de facer actividades pensadas e adicadas para os mais novos. E así foi os 5 anos que durou está asociación no que tiveron como centro a Cultural de Baíña e fixeron unha inxente de actividades deportivas, culturais e de ocio e foron os iniciadores entre outras cousas como o Bingo social na parroquia para a xente maior. Incluso chegaran a preparar, co apoio dunha arquitecta, un proxecto para a creación dun area deportiva na parroquia.
![]() |
Partidas de bolos no Xogo de Bolos de Fontes |
Algúns dos eventos mais destacados nestes anos:
Campionato de ping-pong.
Campionato de futbolín.
Sesión de cine.
Concertos.
Xincanas.
Aula de teatro.
Xogos tradicionais como os Bolos.
Excursións e actividades no medio ambiente.
Talleres para mozos.
Recollida de libros para a formación da biblioteca do Centro Cultural.
etc. etc.
![]() |
I Trofeo Ping-Pong da Asociación |
Pasados os anos e o pasar da idade legal de moitos dos seus compoñentes e o pouco apoio das institucións deron fin a unha grande actividade que oxala os mozos e mozas de Baíña recuperen.