lunes, 18 de mayo de 2020

O MONTE DE BAÍÑA: CHAN DA LAGOA

Chan da Lagoa, Fotogría Xandro Penedo.

Un dos espazos máis encantadores da contorna de Baiona é sen dúbida Chan dá  Lagoa. Tratarse  dunha área recreativa a medio camiño do alto dá Groba, a 335 metros de altitude, unha gran explanada que dispón dunha zona de descanso e lecer con mesas de pedra, ás que dan sombra dunha gran variedade de árbores. Conta con grelladas, e nalgunha dos seus partes ten vistas á ría, a cidade de Vigo e as illas Cíes. 


Moi preto atópase o antigo poboado de San Cosme ao cal se pode acceder  facilmente camiñando e pódese visitar ademais tamén a coñecida Fonte Santa e as súas distintas carballeiras. Na zona de Chan Dá  Lagoa é habitual ver os cabalos ou vacas que habitan ceibes por aquelas paraxes. Existe unha gran variedade de árbores na zona.


Chan dá  Lagoa é un espazo especial para moitos veciños de Baiña e de Baiona, xa que alí celebráronse croos escolares, magostos e mesmo tempo atrás  existía un pequeno bar e un picadeiro de aluguer de cabalos. 



Era tamén un lugar escollido por moitas familias para pasar alí as tarde de verán ou para ir comer os domingos en familia onde os nenos podería xogar en plena natureza.

Nestes días, ou meses, espazos como Chan da Lagoa, van a aumentar a súa importancia na vida das persoas, xa que serán lugares imprescindibles para pasar o día ou pasear e evitar así aglomeracións y contaxios ca nova situación polo Covid-19. Este espazo merecería una actuación de limpeza para xa a día de hoxe está algo abandonado e non testaría mal unha limpeza e arranxo de determinadas zoas.