As primeiras décadas do século foron anos de moita proliferación de movementos políticos, agrarios e sindicais, en Galicia destacou o movemento agrario.
A Baíña tamén chegou o movemento denominado como Agrarismo (a loita contra os sistema foral e contra o caciquismo ademais de promover a renovación do sector agrario galego) e se crearon distintas asociacións agrarias como a de "Santa Mariña de Baíña" (1914) e "La Lealtad de Santa Mariña" (1916).
Uns anos mais tarde, no 1923, nun terreo cércano a Igrexa parroquial se construía a casa da sociedade agraria. Una casa que de seguro tivo un gran movemento durante moitos anos, especialmente durante a II República cando o movemento agrario tivo mais puxanza, aínda que todo se apagou co Golpe de Estado de 1936 e ca represión franquista.
Segundo un documento esta casa foi vendida por "rebeldía" por unha axencia executiva a un veciño no ano 1944 e logo pasaría por varias mans ata retornar a un veciño de Baíña no 1945.
![]() |
O camiño da Escola |
Posteriormente este edificio foi usado como escola unitaria durante moitos anos, estaba dividida en dúas zonas, una para nenos e outro para nenas. O final da década dos 70 moitos nenos o chegar a certa idade xa pasaban a estudiar a Baiona, ao colexio de Cova Tereña, ou incluso a Sabaris. No ano 1980 se inauguraba o Colexio público de Fontes e xa os estudios da nova EXB se cursaban alí.
Esta escola de Baíña permaneceu uns anos máis como centro de primaria, ata a década do 1990, cando pechou definitivamente como centro educativo por falta de nenos na zona do Cruceiro, Eidos e Igrexa.
Hoxe en día o edificio pertence o Concello de Baiona e a súa xestión está a cargo da Asociación de Veciños servindo de sitio de reunión, de actividades, cursos e aínda se fan varias celebracións o ano. No ano 2015 o Concello llevou a cabo unha reforma de reparación do tellado polo valor de 40.000 euros.
Máis información sobre a educación en Galicia: Museo da Educación de Galicia de Santiago (ENLACE) Ao longo de tres plantas móstrase a evolución da escola galega a través do tempo.
Pódense ver recreacións de aulas dende o século XIX ata a EXB, curiosos obxectos escolares ou xoguetes que utilizaban os nenos e as nenas de antes. Se desexa viaxar no tempo e volver á infancia ou achegarse á escola dos maiores, o Mupega pon á súa disposición unha aula antiga para sentirse como un alumno do pasado.
Máis información sobre o movemento agrario en Galicia. (ENLACE) Video sobre a terra en Galicia (ENLACE) (ENLACE)