A praia de Santa Marta está localizada a entrada da Vila de Baiona o pé da península que leva o mesmo nome, debido a ermida adicada a esta santa que se sitúa no alto.
A paria é un areal branco de gran fermosura, de 250 metros de lonxitude, que vai dende a estrada de entrada a Baiona ata a desembocadura do río de Baíña. Do outro lado do río temos un conxunto de rochas que completa este espazo tan especial.
Varios estudosos, entre eles o coñecido Hidalgo Cuñarro, afirman que na pequena península de Santa Marta levantouse un castro, datado nos séculos III-I antes de Cristo. Este castro situado no cabo sería un lugar estratéxico e seguro para os nosos antepasados, a ubicación nos levaría a pensar nun lugar similar o famoso castro de Baroña.
No alto da península atopamos a Capela de Santa Marta. Dende moi antigo este lugar fora adicado a devoción da Asunción, e sería segundo varios estudos sería a partir o mneos dende 1808 cando comenzaría a compartir a devoción con Santa Marta.
Trátase dunha pequena capela con estilo románico de transición do século XIII seguindo a información de Ángel del Castillo (1972), aínda que este edificio foi obxecto de moitas actuacións, como a do campanario e o adro da cruz.
Un de los capítulos mais coñecidos da historia de Baiona é o da chegada as nosas costas do famoso Francis Drake, o cal os españois coñecían como "el Draco": gran inimigo de España e heroe de Inglaterra (ENLACE) (VIDEO).
Este coñecido corsario inglés despois de moitos ataques as colonias españolas en América chegou as costas da península con realizou diversos a Cádiz, Baiona, Vigo e A Coruña.
O intento de asalto a fortaleza de Baiona aprace recollido nas crónicas que nos ofrecen Ulpiano Nogueira e José de Santiago (1902) e nos conta como a flota de Drake retívose nas illas Cíes e enviaron un numeroso grupo de recoñecemento que acamparon no Burgo e profanaron e queimaron a capela da península de Santa Marta.
A Vila de Baiona comezou a preparar a súa defensa da man de D. Pedro Bermúdez o cal se lle sumaron uns 300 homes de armas enviados por D. Diego Sarmiento de Acuña. Drake vendo que Baiona estaba a preparar unha boa defensa e que o tempo no mar estaba a empeorar decidiu facer vela.
Sobre este capítulo faremos un artigo mais extenso no futuro xa que é de grande interese para moita xente.
Na punta da península atopamos un pequeno íllote o cal podemos acceder a través dunha pequena ponte, no centro atopamos una estatua de ferro de grande dimensións que nos leva a memoria as grande obras do escultor vasco Eduardo Chillida (ENLACE).
Esta obra colocada no 1999 e da artista galega Soledad Penalta (ENLACE), aínda que é importante a súa obra en cerámica, a súa personalidade mais definida está nas pezas de ferro, na que absorbeu modos que se inician en Gargallo e van ata Chillida.
Mirando cara a praia atopamos una graciosa figura dun golfiño que cruza un aro, una obra feita cando se fixeron os muros de na subida a capela e algúns acesos por canteiros do concello de Baiona.
Existe un fermoso paseo arredor de toda a península e o outro lado temos un pequeno peirao que aínda conserva algunhas embarcacións de mariñeiros e cunha zona de bancos que eran lugar de reunión de moitos maiores. Da outra veira xa arranxa a praia da Ladeira que pertenence a parroquia de Santa Cristina
.
![]() |
Foto de Xandro Penedo |
Como curiosidade e sinalar que nesta península de Santa Marta se atopa unhas das 150 estacións meteorolóxicas que hai en Galiza e se pode acceder os datos a través de Meteogalicia (ENLACE)
Algunhas fotografías de Santa Marta: