martes, 2 de junio de 2020

O CHAPPARAL

Capela de Santo Estevo, hoxe desaparecida

No que hoxe é a rúa do Burgo existía una capela na honra de Santo Estevo, e así se coñecía o monte que está na subida a Baíña. Ermida de Santo Estevo, diácono, promartir apedreado polos xudeus. Non tiña fundación (bens, rentas, nen patrimonio) o longo do tempo foi cambiando de dono. Só se diría misa no día do Santo ou algún que outro día especial. O ser unha propiedade particular acabou siendo vendida e usada como carpintería durante moitos anos ata a súa desaparición.

Motivado pola cércano de esta zona co mar e ser terra de mariñeiros, unido a escaseza de vivenda e una demografía en aumento, comezaronse a construír unas vivendas para as familias dos mariñeiros a cargo do Instituto Social da Mariña ala polo 1970. Décadas antes, se edificaran unas vivendas no Barrio da Anunciada dás mesmas características, o que hoxe é un dos mais mais coñecidos de Baiona.

Subida o Chaparral

Mais o proceso para construir esta vivendas comezaba xa no 1957 cando nun pleno do Concello de Baiona se aproba ceder o Instituto da Mariña uns dez mil metros cadrados para a edificación de mais de 100 vivendas de renta limitada ou protección oficial, co compromiso de mantelo durante 30 anos. Levantáronse así 102 vivendas, dás cales 74 eran de tres dormitorios e 28 de dous dormitorios.

Mirador do Chaparral

Este grupo vivendas chamouse Barrio Almirante Fontán en referencia a este militar que foi ascendido a vicealmirante no 1962 e que foi presidente do ISIM, promovendo gran parte dás casas do mar do territorio Nacional. Aínda que dende os primeiros tempos este lugar foi popularmente coñecido como O Chaparral.

Cruceiro no mirador do Chaparral

Nesta zona tamén se ubica a casa parroquial que foi construida ala polos anos 80 e dutrante moitos anos existíu un bar que foi dos mais popupales da  zona, aínda que dende hai anos permanece pechado.

A casa parroquial

A día de hoxe esta zona conta con case 300 veciños e o barrio foi mellorando en servizo e se fixeron diferentes reformas como a renovación e substitución de tubeiras dos servizo de saneamento e abastecemento de auga e a colocación de bocas de rego para a limpeza dás rúas no 2012. Anos atrás, na década do 1990 na parte alta se construirán unhas pistas deportivas que naquel tempo fora moi usada polos mozos do barrio.

Pequena zona axardinada 

Hoxe o Chaparral é un dos mellores barrios da zona, con boas vistas da ría de Baiona e apenas a un minuto da praia de Santa Marta e a cinco minutos do centro da Vila.

 

Fotografía de Xandro Penedo