domingo, 28 de junio de 2020

CRUCES E CRUCEIROS DA PARROQUIA DE BAÍÑA

- CRUZ DA IGREXA
- CRUZ DE DON JESÚS
-  CRUZ NO INTERIOR DO ADRO
-  CRUZ NO MURO DO ADRO
- CRUZ DA PEDREIRA 1
- CRUZ DA PEDREIRA 2
- CRUZ DA ENTRADA DO CAMPOSANTO
- CRUZ DO CRUCEIRO
- CRUZ DO BURGO
- CRUCEIRO DO CHAPARRAL
- CRUZ DE ELADIO
- CRUZ DO PADRE FERNANDO 
- CRUZ/CRUCEIRO DA CANCELA EN FONTES*
- CRUZ DO CEMITERIO*

Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é una oración de pedra que fixo baixar un perdón do ceo, polo arrepentimento de quen o pagóu e polo gran sentimento de quen o fixo. (Cousas. Castelao).


Cruceiro da igrexa

Cuz do D. Jesús

Cruz do interior do adro igrexa de Santa Mariña



Cruz do muro do adro da igrexa de Santa Mariña


Cruz da Pedreira 1

Cruz da Pedreira 2

Cruz da entrada do Campasanto


Cruz do Cruceiro

Cruz do Burgo

Cruceiro do Chaparral

Cruz de Eladio

Cruz do Padre Fernando


miércoles, 17 de junio de 2020

FOTOGRAFÍAS DE SAN COSME

Carballeira en San Cosme, moi perto da Fonte Santa, unha viaxe virtual a uns dos espazos más fermosos da nosa parroquia.
Fotografías de Xandro Penedo
















martes, 16 de junio de 2020

A FÁBRICA DE PUGA

Vista aérea de Baiona. A fábrica de Puga na parte central esquerda da fotografía.


Ata a aparición da conserva en lata, a salga foi o xeito de conservar o peixe. En Galicia, dende 1750 este método se expandiu polas costas galegas, una industria que tería moito que ver a chagada dos empresarios cataláns. 
A conserva inventouse en Francia na época de Napoleón, co motivo da búsqueda dunha maneira de conservar os alimentos para os exércitos do xeneral francés en plena campaña por Europa, comenzouse enviando os alimentos en recipientes de cristal e despoís chegaríase a forma de enlatado, moito máis económica e práctica. 

Exemplo de conservas 


A industria conserveira chegou a Galicia tamén da mans dos empresarios cataláns, estes viran nas nosas rías un negocio sen explotar e así se fundaron moitas fabricas no noso litiral. Apelidos como Massó, Ferrer, Colomner, Barreras, etc. tomarían gran fama entre os galegos e as súas fábricas serían moi importantes na economía galega.

Chegada dos barcos de pesca a Vigo, nunha fotografía da exposición tomada en agosto de 1894


En Galicia había uns caladoiros de sardiña importantes e a construcción de estas fábricas revolucionou o sector industrial galego. O crecemento de moitas cidades e vilas está claramente marcado pola chegada de estes cataláns e o desenrolo desta industria, Vigo chegou a ser o primeiro centro conserveiro da península.

Museo do Mar de Vigo


Xa comezado o século XX, Valentín Puga Franco, que logo sería alcalde de Baiona nos anos 1931-32,  fundou una fábrica nos terreos próximos a praia de Santa Marta. Sabemos por certa documentación que no 1925 a fábrica xa estaba a funcionar a pleno rendemento. "Fábrica de conservas y salazones de Valentín Puga y Godoy".




Referencia a Fábrica de Puga no 1931 na revista "España marítima e pesquera"

O negocio ía ben, tanto foi así, que no 1938 conseguiu o beneficio do ministerio de Facenda de construír en terreos municipais un pequeno peirao para poder mellorar a loxística da súa fábrica, un  novo peirao que se construíu no lugar denominado "O pozo" e que contaría con dúas ramplas. 
A fábrica contou con moitos anos de bonanza e con moitos traballos directos, máis dun centenar de persoas, contando a xente das oficinas. 
O conservas de Puga tiñan un gran éxito no mercado nacional. Ademáis esta industria da conserva tiña aparalledo sector sector industrial de apoio o que xeneraba máis postos de traballo.

Concesión para un novo peirao 1938


A fábrica de Puga non sería a única da zona, algunhas veciñas nos lembran que antes da fabrica de Puga había una pequena fábrica de sazóns de peixe case na mesma zona onde logo se ubicaría a de Puga. Antes de chegar a Baiona esixitía outra fábrica de conserva, neste caso de mexillón, coñecida como a Mexilloneira de Molíns, que tamén daba emprego a moitas mulleres, algunhas veciñas de Baíña tamén nos contan que traballaron alí.
Vista aérea da fábrica de Puga


"Entrabamos ás nove da maña, parábase a una para almorzar e despois seguiamos ata as seis, aínda que se había  moito peixe igual saiamos de alí de madrugada" estas son as palabras de Emilia, veciña de Baíña, que traballou mais de 10 anos nesta famosa fábrica de conservas de Puga. 
Moitos recordos dunha fábrica que marcou a vida moitos veciños da zona, na nosa parroquia incluso traballaron familias enteiras como foi o caso de Manuel Penedo e Socorro Carrizo que traballon alí moitos anos e despois traballaraían as súas fillas.


Marca registrada Valentín Puga (1939)

 
As mulleres eran sen dúbida as que le levaban o peso do traballo na fábrica, nos mellores tempos chegaron ser case un centenar, eran as encargadas da limpeza do peixe, do seu procesado e da súa conservación, nalgúns casos extraordinarios tamén se tiñan que acercar o peirao a buscar o peixe ou a limpar as embarcacións. 
"A muller foi o recurso máis barato como man de obra que atoparon os conserveiros e as industrias derivadas da pesca, o traballo das obreiras tiña baixa cualificación desde o nacemento da industria, a temporalidade da pesca da sardiña, principal especie enlatada, provocada unha eventualidade grande no traballo feminino da conserva, esa inestabilidade laboral compensábase porque as mulleres complementaban o traballo na fábrica co traballo na casa ou na horta, axudando de este xeito a economía familiar" Historia de Galicia: a despensa salgada.

Fotografía de https://www.ailladearousa.com/que-visitar/historia-de-la-conservera-goday/


Lavandeiras en Santa Marta. A fábrica de Puga o fondo.

Na fábrica tamén había homes, Eugenio Rodríguez, un veciño do Cruceiro, cóntanos que traballou alí mais de 10 anos, a súa labor era de facer as latas de conserva e o seu pechado con soldadura, un traballo que requiría certa maña. O seu horario tamén era partido e recorda que en determinadas épocas había moito traballo debido a grande cantidade de peixe que chegaba, tanto a través do porto de Baiona como dos camións que viñan dende Vigo. "Nas épocas que había pouco peixe a xente quedaba na casa, e aproveitaban para traballar as leiras, e se chegaba algún barco soaban as sereas das fábricas e homes e mulleres baixabamos para descargar a mercancía e preparar as conservas", cóntanos Eugenio.  Este veciño tamén se lembra do son da serea "un son que chegaba ata Panxón"



A fábrica de Puga desenrolou unha gran actividade do que hoxe chamariamos marketing, nos xornais locais  moitas publicidades de estás empresas conserveiras, unhas campañas sen dúbida de gran calidade o que lle abriría moitos mercados. 

As campañas publicitaria "publicidad Rámirez"


Tamén era clave o atopar representante en diversas zonas, como no caso de Madrid donde a fábrica tratou de abrir brecha. Nunha carta de Valentín Puga a un amigo recoñece o difícil de atopar un bo representante en Madrid para o futuro da fábrica e recoñecento que non é nada fácil dar con bos axentes: "algunos le salieron pasmados y otros demasiado listos".


Búsqueda dun representante na capital


Normalmente as conservas que se facían en Puga eran de sardiña, este producto en aciete foi sen dúbida o máis popular. Tamén se enlataba moito xurelo, aínda que algunhas veciñas lembran da chegada de atún do porto de Vigo ou agullas, estas últimas coñecidas en Baiona como "chinfanos" lenguaxe propio de Baiona (Parrucadas, Paruca Goce Denis, ENLACE). 

Parece ser que na fábrica tamén se facían algunhas conservas de productos moi especiais, como atopamos nunha carta do propio Valentín Puga a un amigo donde lle ofrece "latas de lamprea, que son una cosa seria"



A fábrica de Puga pecharía ala polo ano 1975 deixando o edificio en abandono durante mais dunha década ata que todo foi vendido para a construcción dos edificios que hoxe ocupan aquel lugar.

Edificios no lugar donde era a Fábrica de Puga


Aínda a día de hoxe é habitual escoitar a xente maior dicir que vai coller o autobuses a fabrica de Puga ou falar daquelas xornadas laborais dentro da nave. Una fábrica da que hoxe só queda o recordo pero que forma parte da historia do noso concello.

HISTORIA DA INDUSTRIA CONSERVEIRA EN GALICIA: O MAR EN GALICIA 
VIDEO (ENLACE)

INDUSTRIA CONSERVERA EN GALICIA (ENLACE)

MUSEO DO MAR DE VIGO (ENLACE)

MUSEO ANFACO DA INDUSTRIA CONSERVEIRA EN VIGO (ENLACE)



lunes, 15 de junio de 2020

NOVOS AIRES PARA A BIBLIOTECA DO CENTRO CULTURAL DEL BAÍÑA



O Centro Cultural e Social de Baíña quere darlle un novo aire a sus biblioteca e facela mais accesible para a xente e que sirva de lugar de lectura ou para facer traballos en grupo, ademais de ter a posibilidade de organizar diversas actividades como clubes de lectura, talleres, etc.

Se alguen quere colaborar con este novo proxecto pode facelo de diversas maneiras:

📚 Doazón de libros

🪑🗄️🗑️ Doazón de material, sobre todo estanterias para a colocación dos moitos volúmenes cos que contamos.

✍🏽🤏🏼 Un pouco de voluntariado para limpiar e ordear os libros.

📖😗 Voluntarios para organizar diversas actividades como talleres de lectura, de contos, charlas, etc.

📱 Mais info de como colaborar 644860260

Anímate a colaborar ca cultura da nosa parroquia!!!!!

viernes, 12 de junio de 2020

DE CASA AGRARIA A ESCOLA

Casa da Sociedade Agraria

As primeiras décadas do século foron anos de moita proliferación de movementos políticos, agrarios e sindicais, en Galicia destacou o movemento agrario.

A Baíña tamén chegou o movemento denominado como Agrarismo (a loita contra os sistema foral e contra o caciquismo ademais de promover a renovación do sector agrario galego) e se crearon distintas asociacións agrarias como a de "Santa Mariña de Baíña" (1914) e "La Lealtad de Santa Mariña" (1916). 
Uns anos mais tarde, no 1923, nun terreo cércano a Igrexa parroquial se construía a casa da sociedade agraria. Una casa que de seguro tivo un gran movemento durante moitos anos, especialmente durante a II República cando o movemento agrario tivo mais puxanza, aínda que todo se apagou co Golpe de Estado de 1936 e ca represión franquista.

Ano de Fundación 1923

Segundo un documento esta casa foi vendida por "rebeldía" por unha axencia executiva a un veciño no ano 1944 e logo pasaría por varias mans ata retornar a un veciño de Baíña no 1945.

O camiño da Escola

Posteriormente este edificio foi usado como escola unitaria durante moitos anos, estaba dividida en dúas zonas, una para nenos e outro para nenas.  O final da década dos 70 moitos nenos o chegar a certa idade xa pasaban a estudiar a Baiona, ao colexio de Cova Tereña, ou incluso a Sabaris. No ano 1980 se inauguraba o Colexio público de Fontes e xa os estudios da nova EXB se cursaban alí.
 
Esta escola de Baíña permaneceu uns anos máis como centro de primaria, ata a década do 1990, cando pechou definitivamente como centro educativo por falta de nenos na zona do Cruceiro, Eidos e Igrexa.

Libros da Escola unitaria de Baíña


Hoxe en día o edificio pertence o Concello de Baiona e a súa xestión está a cargo da Asociación de Veciños servindo de sitio de reunión, de actividades, cursos e aínda se fan varias celebracións o ano. No ano 2015 o Concello llevou a cabo unha reforma de reparación do tellado polo valor de 40.000 euros.

Asociación de veciños de Baíña

Máis información sobre a educación en Galicia: Museo da Educación de Galicia de Santiago (ENLACE) Ao longo de tres plantas móstrase a evolución da escola galega a través do tempo. 
Pódense ver recreacións de aulas dende o século XIX ata a EXB, curiosos obxectos escolares ou xoguetes que utilizaban os nenos e as nenas de antes. Se desexa viaxar no tempo e volver á infancia ou achegarse á escola dos maiores, o Mupega pon á súa disposición unha aula antiga para sentirse como un alumno do pasado.

Aula durante a II República. Recreación do MUPEGA

Máis información sobre o movemento agrario en Galicia. (ENLACE) Video sobre a terra en Galicia (ENLACE) (ENLACE)

Homenaxe os martirés de Sobredo (Tui)