martes, 16 de junio de 2020

A FÁBRICA DE PUGA

Vista aérea de Baiona. A fábrica de Puga na parte central esquerda da fotografía.


Ata a aparición da conserva en lata, a salga foi o xeito de conservar o peixe. En Galicia, dende 1750 este método se expandiu polas costas galegas, una industria que tería moito que ver a chagada dos empresarios cataláns. 
A conserva inventouse en Francia na época de Napoleón, co motivo da búsqueda dunha maneira de conservar os alimentos para os exércitos do xeneral francés en plena campaña por Europa, comenzouse enviando os alimentos en recipientes de cristal e despoís chegaríase a forma de enlatado, moito máis económica e práctica. 

Exemplo de conservas 


A industria conserveira chegou a Galicia tamén da mans dos empresarios cataláns, estes viran nas nosas rías un negocio sen explotar e así se fundaron moitas fabricas no noso litiral. Apelidos como Massó, Ferrer, Colomner, Barreras, etc. tomarían gran fama entre os galegos e as súas fábricas serían moi importantes na economía galega.

Chegada dos barcos de pesca a Vigo, nunha fotografía da exposición tomada en agosto de 1894


En Galicia había uns caladoiros de sardiña importantes e a construcción de estas fábricas revolucionou o sector industrial galego. O crecemento de moitas cidades e vilas está claramente marcado pola chegada de estes cataláns e o desenrolo desta industria, Vigo chegou a ser o primeiro centro conserveiro da península.

Museo do Mar de Vigo


Xa comezado o século XX, Valentín Puga Franco, que logo sería alcalde de Baiona nos anos 1931-32,  fundou una fábrica nos terreos próximos a praia de Santa Marta. Sabemos por certa documentación que no 1925 a fábrica xa estaba a funcionar a pleno rendemento. "Fábrica de conservas y salazones de Valentín Puga y Godoy".




Referencia a Fábrica de Puga no 1931 na revista "España marítima e pesquera"

O negocio ía ben, tanto foi así, que no 1938 conseguiu o beneficio do ministerio de Facenda de construír en terreos municipais un pequeno peirao para poder mellorar a loxística da súa fábrica, un  novo peirao que se construíu no lugar denominado "O pozo" e que contaría con dúas ramplas. 
A fábrica contou con moitos anos de bonanza e con moitos traballos directos, máis dun centenar de persoas, contando a xente das oficinas. 
O conservas de Puga tiñan un gran éxito no mercado nacional. Ademáis esta industria da conserva tiña aparalledo sector sector industrial de apoio o que xeneraba máis postos de traballo.

Concesión para un novo peirao 1938


A fábrica de Puga non sería a única da zona, algunhas veciñas nos lembran que antes da fabrica de Puga había una pequena fábrica de sazóns de peixe case na mesma zona onde logo se ubicaría a de Puga. Antes de chegar a Baiona esixitía outra fábrica de conserva, neste caso de mexillón, coñecida como a Mexilloneira de Molíns, que tamén daba emprego a moitas mulleres, algunhas veciñas de Baíña tamén nos contan que traballaron alí.
Vista aérea da fábrica de Puga


"Entrabamos ás nove da maña, parábase a una para almorzar e despois seguiamos ata as seis, aínda que se había  moito peixe igual saiamos de alí de madrugada" estas son as palabras de Emilia, veciña de Baíña, que traballou mais de 10 anos nesta famosa fábrica de conservas de Puga. 
Moitos recordos dunha fábrica que marcou a vida moitos veciños da zona, na nosa parroquia incluso traballaron familias enteiras como foi o caso de Manuel Penedo e Socorro Carrizo que traballon alí moitos anos e despois traballaraían as súas fillas.


Marca registrada Valentín Puga (1939)

 
As mulleres eran sen dúbida as que le levaban o peso do traballo na fábrica, nos mellores tempos chegaron ser case un centenar, eran as encargadas da limpeza do peixe, do seu procesado e da súa conservación, nalgúns casos extraordinarios tamén se tiñan que acercar o peirao a buscar o peixe ou a limpar as embarcacións. 
"A muller foi o recurso máis barato como man de obra que atoparon os conserveiros e as industrias derivadas da pesca, o traballo das obreiras tiña baixa cualificación desde o nacemento da industria, a temporalidade da pesca da sardiña, principal especie enlatada, provocada unha eventualidade grande no traballo feminino da conserva, esa inestabilidade laboral compensábase porque as mulleres complementaban o traballo na fábrica co traballo na casa ou na horta, axudando de este xeito a economía familiar" Historia de Galicia: a despensa salgada.

Fotografía de https://www.ailladearousa.com/que-visitar/historia-de-la-conservera-goday/


Lavandeiras en Santa Marta. A fábrica de Puga o fondo.

Na fábrica tamén había homes, Eugenio Rodríguez, un veciño do Cruceiro, cóntanos que traballou alí mais de 10 anos, a súa labor era de facer as latas de conserva e o seu pechado con soldadura, un traballo que requiría certa maña. O seu horario tamén era partido e recorda que en determinadas épocas había moito traballo debido a grande cantidade de peixe que chegaba, tanto a través do porto de Baiona como dos camións que viñan dende Vigo. "Nas épocas que había pouco peixe a xente quedaba na casa, e aproveitaban para traballar as leiras, e se chegaba algún barco soaban as sereas das fábricas e homes e mulleres baixabamos para descargar a mercancía e preparar as conservas", cóntanos Eugenio.  Este veciño tamén se lembra do son da serea "un son que chegaba ata Panxón"



A fábrica de Puga desenrolou unha gran actividade do que hoxe chamariamos marketing, nos xornais locais  moitas publicidades de estás empresas conserveiras, unhas campañas sen dúbida de gran calidade o que lle abriría moitos mercados. 

As campañas publicitaria "publicidad Rámirez"


Tamén era clave o atopar representante en diversas zonas, como no caso de Madrid donde a fábrica tratou de abrir brecha. Nunha carta de Valentín Puga a un amigo recoñece o difícil de atopar un bo representante en Madrid para o futuro da fábrica e recoñecento que non é nada fácil dar con bos axentes: "algunos le salieron pasmados y otros demasiado listos".


Búsqueda dun representante na capital


Normalmente as conservas que se facían en Puga eran de sardiña, este producto en aciete foi sen dúbida o máis popular. Tamén se enlataba moito xurelo, aínda que algunhas veciñas lembran da chegada de atún do porto de Vigo ou agullas, estas últimas coñecidas en Baiona como "chinfanos" lenguaxe propio de Baiona (Parrucadas, Paruca Goce Denis, ENLACE). 

Parece ser que na fábrica tamén se facían algunhas conservas de productos moi especiais, como atopamos nunha carta do propio Valentín Puga a un amigo donde lle ofrece "latas de lamprea, que son una cosa seria"



A fábrica de Puga pecharía ala polo ano 1975 deixando o edificio en abandono durante mais dunha década ata que todo foi vendido para a construcción dos edificios que hoxe ocupan aquel lugar.

Edificios no lugar donde era a Fábrica de Puga


Aínda a día de hoxe é habitual escoitar a xente maior dicir que vai coller o autobuses a fabrica de Puga ou falar daquelas xornadas laborais dentro da nave. Una fábrica da que hoxe só queda o recordo pero que forma parte da historia do noso concello.

HISTORIA DA INDUSTRIA CONSERVEIRA EN GALICIA: O MAR EN GALICIA 
VIDEO (ENLACE)

INDUSTRIA CONSERVERA EN GALICIA (ENLACE)

MUSEO DO MAR DE VIGO (ENLACE)

MUSEO ANFACO DA INDUSTRIA CONSERVEIRA EN VIGO (ENLACE)



1 comentario:

  1. Gracias pola información e moi valiosa gran traballo. Non sabera donde podo atopar mais información? Un saudo.

    ResponderEliminar