Este sábado 18 de xullo celebrase a festa de Santa Mariña de Baíña, este ano a misa será pola mañá, ás 12 horas, pero non se fará festa/verbena debido a situación especial provocada pola Covid-19.
Aproveitamos a ocasión para acércanos a Igrexa parroquial de gran valor artístico e cultural e gozar de un espazo moi fermoso e agradábel.
Un lugar ocupado por diversos campos, por antigas casas de pedra, o antigo campo da festa que ten no centro un palco de pedra sen dubida un dos mais fermosos da zona, e por suposto a igrexa parroquial ca casa das Novenas e o Camposanto anexos.
Todo un conxunto que fai de esta zona unhas mais fermosas e tranquilas da parroquia, moi preto conta ca Fonte de Santa Mariña, a escola Vella ou o Centro Cultural.
O adro está feito por muros de pedra y cancelas de ferro, no seu interior está a igrexa parroquial e conta cunha casa anexa coñecida como a casa das novenas (aínda que tamén se podería coñecer como a casa da Obra ou a casa das Parbas) e cunha oliveira de moitos anos. Tamén anexo a igrexa está o cemiterio parroquial.
A igrexa parroquial é un edifico do século XII cualificado de "románico" o propio da época da súa construcción. De forma rectangular como o seu ábside e dunha soa nave, con bóvedas de crucería cuberto por madeira.
Tanto o exterior como o interior da igrexa son dignos de visitar con calma e fixarse nos detalles, unha igrexa que conta con diversos altares todos dunha gran mestría (Virxe do Carme, da Virxe do Rosario ou o altar-retablo do soldado mártir San Sebastián, etc.)
Fai apenas 15 anos atopáronse cando se estaba a facer una restauración unas pinturas góticas, trátase dun fresco policromado o parecer do século XI no que se representa a San Francisco de Asís a un lado e a San Antonio de Padua co neno no outro lado, na parte inferior do retablo está presidida por San Xosé e o neno Xesús. A restauración foi realizada por Almudena Salgado de Acanto. (ENLACE)
Para máis información sobre a Igrexa de Baíña "Santa Mariña e o Eremitorio de San Cosme, Aproximación histórica de Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa, 2008"
Máis información e localizacion en GALICIA MÁXICA (ENLACE)
No hay comentarios:
Publicar un comentario