viernes, 18 de septiembre de 2020

FONTE DE SANTA MARIÑA





A fonte de Santa Mariña xa luce en todo o seu esplendor despois da limpeza que se levou a cabo. Ademais destaca a desaparición, por fin, do escudo la "Falange Española" cumprindo así a lei da memoria histórica. 

Confiemos en que este tipo de actuacións e o cumprimento de este lei se aplique en todo o Concello que aínda queda moito que arranxar.

jueves, 16 de julio de 2020

SANTA MARIÑA DE BAÍÑA



 Este sábado 18 de xullo celebrase a festa de Santa Mariña de Baíña, este ano a misa será pola mañá, ás 12 horas, pero non se fará festa/verbena debido a situación especial provocada pola Covid-19.




Aproveitamos a ocasión para acércanos a Igrexa parroquial de gran valor artístico e cultural e gozar de un espazo moi fermoso e agradábel. 

Un lugar ocupado por diversos campos, por antigas casas de pedra, o antigo campo da festa que ten no centro un palco de pedra sen dubida un dos mais fermosos da zona, e por suposto a igrexa parroquial ca casa das Novenas e o Camposanto anexos. 




Todo un conxunto que fai de esta zona unhas mais fermosas e tranquilas da parroquia, moi preto conta ca Fonte de Santa Mariña, a escola Vella ou o Centro Cultural.





O adro está feito por muros de pedra y cancelas de ferro, no seu interior está a igrexa parroquial e conta cunha casa anexa coñecida como a casa das novenas (aínda que tamén se podería coñecer como a casa da Obra ou a casa das Parbas) e cunha oliveira de moitos anos. Tamén anexo a igrexa está o cemiterio parroquial.



A igrexa parroquial é un edifico do século XII cualificado de "románico" o propio da época da súa construcción. De forma rectangular como o seu ábside e dunha soa nave, con bóvedas de crucería cuberto por madeira. 


Tanto o exterior como o interior da igrexa son dignos de visitar con calma e fixarse nos detalles, unha igrexa que conta con diversos altares todos dunha gran mestría (Virxe do Carme, da Virxe do Rosario ou o altar-retablo do soldado mártir San Sebastián, etc.) 



Fai apenas 15 anos atopáronse cando se estaba a facer una restauración unas pinturas góticas, trátase dun fresco policromado o parecer do século XI no que se representa a San Francisco de Asís a un lado e a San Antonio de Padua co neno no outro lado, na parte inferior do retablo está presidida por San Xosé e o neno Xesús. A restauración foi realizada por Almudena Salgado  de Acanto. (ENLACE)



Para máis información sobre a Igrexa de Baíña "Santa Mariña e o Eremitorio de San Cosme, Aproximación histórica de Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa, 2008"
Máis información e localizacion en GALICIA MÁXICA (ENLACE)




domingo, 28 de junio de 2020

CRUCES E CRUCEIROS DA PARROQUIA DE BAÍÑA

- CRUZ DA IGREXA
- CRUZ DE DON JESÚS
-  CRUZ NO INTERIOR DO ADRO
-  CRUZ NO MURO DO ADRO
- CRUZ DA PEDREIRA 1
- CRUZ DA PEDREIRA 2
- CRUZ DA ENTRADA DO CAMPOSANTO
- CRUZ DO CRUCEIRO
- CRUZ DO BURGO
- CRUCEIRO DO CHAPARRAL
- CRUZ DE ELADIO
- CRUZ DO PADRE FERNANDO 
- CRUZ/CRUCEIRO DA CANCELA EN FONTES*
- CRUZ DO CEMITERIO*

Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é una oración de pedra que fixo baixar un perdón do ceo, polo arrepentimento de quen o pagóu e polo gran sentimento de quen o fixo. (Cousas. Castelao).


Cruceiro da igrexa

Cuz do D. Jesús

Cruz do interior do adro igrexa de Santa Mariña



Cruz do muro do adro da igrexa de Santa Mariña


Cruz da Pedreira 1

Cruz da Pedreira 2

Cruz da entrada do Campasanto


Cruz do Cruceiro

Cruz do Burgo

Cruceiro do Chaparral

Cruz de Eladio

Cruz do Padre Fernando


miércoles, 17 de junio de 2020

FOTOGRAFÍAS DE SAN COSME

Carballeira en San Cosme, moi perto da Fonte Santa, unha viaxe virtual a uns dos espazos más fermosos da nosa parroquia.
Fotografías de Xandro Penedo
















martes, 16 de junio de 2020

A FÁBRICA DE PUGA

Vista aérea de Baiona. A fábrica de Puga na parte central esquerda da fotografía.


Ata a aparición da conserva en lata, a salga foi o xeito de conservar o peixe. En Galicia, dende 1750 este método se expandiu polas costas galegas, una industria que tería moito que ver a chagada dos empresarios cataláns. 
A conserva inventouse en Francia na época de Napoleón, co motivo da búsqueda dunha maneira de conservar os alimentos para os exércitos do xeneral francés en plena campaña por Europa, comenzouse enviando os alimentos en recipientes de cristal e despoís chegaríase a forma de enlatado, moito máis económica e práctica. 

Exemplo de conservas 


A industria conserveira chegou a Galicia tamén da mans dos empresarios cataláns, estes viran nas nosas rías un negocio sen explotar e así se fundaron moitas fabricas no noso litiral. Apelidos como Massó, Ferrer, Colomner, Barreras, etc. tomarían gran fama entre os galegos e as súas fábricas serían moi importantes na economía galega.

Chegada dos barcos de pesca a Vigo, nunha fotografía da exposición tomada en agosto de 1894


En Galicia había uns caladoiros de sardiña importantes e a construcción de estas fábricas revolucionou o sector industrial galego. O crecemento de moitas cidades e vilas está claramente marcado pola chegada de estes cataláns e o desenrolo desta industria, Vigo chegou a ser o primeiro centro conserveiro da península.

Museo do Mar de Vigo


Xa comezado o século XX, Valentín Puga Franco, que logo sería alcalde de Baiona nos anos 1931-32,  fundou una fábrica nos terreos próximos a praia de Santa Marta. Sabemos por certa documentación que no 1925 a fábrica xa estaba a funcionar a pleno rendemento. "Fábrica de conservas y salazones de Valentín Puga y Godoy".




Referencia a Fábrica de Puga no 1931 na revista "España marítima e pesquera"

O negocio ía ben, tanto foi así, que no 1938 conseguiu o beneficio do ministerio de Facenda de construír en terreos municipais un pequeno peirao para poder mellorar a loxística da súa fábrica, un  novo peirao que se construíu no lugar denominado "O pozo" e que contaría con dúas ramplas. 
A fábrica contou con moitos anos de bonanza e con moitos traballos directos, máis dun centenar de persoas, contando a xente das oficinas. 
O conservas de Puga tiñan un gran éxito no mercado nacional. Ademáis esta industria da conserva tiña aparalledo sector sector industrial de apoio o que xeneraba máis postos de traballo.

Concesión para un novo peirao 1938


A fábrica de Puga non sería a única da zona, algunhas veciñas nos lembran que antes da fabrica de Puga había una pequena fábrica de sazóns de peixe case na mesma zona onde logo se ubicaría a de Puga. Antes de chegar a Baiona esixitía outra fábrica de conserva, neste caso de mexillón, coñecida como a Mexilloneira de Molíns, que tamén daba emprego a moitas mulleres, algunhas veciñas de Baíña tamén nos contan que traballaron alí.
Vista aérea da fábrica de Puga


"Entrabamos ás nove da maña, parábase a una para almorzar e despois seguiamos ata as seis, aínda que se había  moito peixe igual saiamos de alí de madrugada" estas son as palabras de Emilia, veciña de Baíña, que traballou mais de 10 anos nesta famosa fábrica de conservas de Puga. 
Moitos recordos dunha fábrica que marcou a vida moitos veciños da zona, na nosa parroquia incluso traballaron familias enteiras como foi o caso de Manuel Penedo e Socorro Carrizo que traballon alí moitos anos e despois traballaraían as súas fillas.


Marca registrada Valentín Puga (1939)

 
As mulleres eran sen dúbida as que le levaban o peso do traballo na fábrica, nos mellores tempos chegaron ser case un centenar, eran as encargadas da limpeza do peixe, do seu procesado e da súa conservación, nalgúns casos extraordinarios tamén se tiñan que acercar o peirao a buscar o peixe ou a limpar as embarcacións. 
"A muller foi o recurso máis barato como man de obra que atoparon os conserveiros e as industrias derivadas da pesca, o traballo das obreiras tiña baixa cualificación desde o nacemento da industria, a temporalidade da pesca da sardiña, principal especie enlatada, provocada unha eventualidade grande no traballo feminino da conserva, esa inestabilidade laboral compensábase porque as mulleres complementaban o traballo na fábrica co traballo na casa ou na horta, axudando de este xeito a economía familiar" Historia de Galicia: a despensa salgada.

Fotografía de https://www.ailladearousa.com/que-visitar/historia-de-la-conservera-goday/


Lavandeiras en Santa Marta. A fábrica de Puga o fondo.

Na fábrica tamén había homes, Eugenio Rodríguez, un veciño do Cruceiro, cóntanos que traballou alí mais de 10 anos, a súa labor era de facer as latas de conserva e o seu pechado con soldadura, un traballo que requiría certa maña. O seu horario tamén era partido e recorda que en determinadas épocas había moito traballo debido a grande cantidade de peixe que chegaba, tanto a través do porto de Baiona como dos camións que viñan dende Vigo. "Nas épocas que había pouco peixe a xente quedaba na casa, e aproveitaban para traballar as leiras, e se chegaba algún barco soaban as sereas das fábricas e homes e mulleres baixabamos para descargar a mercancía e preparar as conservas", cóntanos Eugenio.  Este veciño tamén se lembra do son da serea "un son que chegaba ata Panxón"



A fábrica de Puga desenrolou unha gran actividade do que hoxe chamariamos marketing, nos xornais locais  moitas publicidades de estás empresas conserveiras, unhas campañas sen dúbida de gran calidade o que lle abriría moitos mercados. 

As campañas publicitaria "publicidad Rámirez"


Tamén era clave o atopar representante en diversas zonas, como no caso de Madrid donde a fábrica tratou de abrir brecha. Nunha carta de Valentín Puga a un amigo recoñece o difícil de atopar un bo representante en Madrid para o futuro da fábrica e recoñecento que non é nada fácil dar con bos axentes: "algunos le salieron pasmados y otros demasiado listos".


Búsqueda dun representante na capital


Normalmente as conservas que se facían en Puga eran de sardiña, este producto en aciete foi sen dúbida o máis popular. Tamén se enlataba moito xurelo, aínda que algunhas veciñas lembran da chegada de atún do porto de Vigo ou agullas, estas últimas coñecidas en Baiona como "chinfanos" lenguaxe propio de Baiona (Parrucadas, Paruca Goce Denis, ENLACE). 

Parece ser que na fábrica tamén se facían algunhas conservas de productos moi especiais, como atopamos nunha carta do propio Valentín Puga a un amigo donde lle ofrece "latas de lamprea, que son una cosa seria"



A fábrica de Puga pecharía ala polo ano 1975 deixando o edificio en abandono durante mais dunha década ata que todo foi vendido para a construcción dos edificios que hoxe ocupan aquel lugar.

Edificios no lugar donde era a Fábrica de Puga


Aínda a día de hoxe é habitual escoitar a xente maior dicir que vai coller o autobuses a fabrica de Puga ou falar daquelas xornadas laborais dentro da nave. Una fábrica da que hoxe só queda o recordo pero que forma parte da historia do noso concello.

HISTORIA DA INDUSTRIA CONSERVEIRA EN GALICIA: O MAR EN GALICIA 
VIDEO (ENLACE)

INDUSTRIA CONSERVERA EN GALICIA (ENLACE)

MUSEO DO MAR DE VIGO (ENLACE)

MUSEO ANFACO DA INDUSTRIA CONSERVEIRA EN VIGO (ENLACE)