Imos coñecer a Baíña un pouco mais:
Era coñecida na Idade Media co nome de Vayna e pertencía aos dominios do mosteiro de Oia, ata que en 1482 Diego de Muros, bispo de Tui, anexionouna a Baiona.
Encadrados nunha ladeira dá Groba e ou mar atlántico, contando cos montes de Carabela, a Penisa, Castro, Sentinela, Olleriños, Carballo dá Raposa, Santo Estevo e Carneiras. Cruzando a parroquia ou aroio Baíña, que nade en Belesar e desemboca en Santa Marta.
Trátase dunha parroquia extensa (7,62 km²) e cunha poboación de1900 veciños distribuídos nos núcleos Santa Marta, O Burgo, Chaparral, Laxes, Cruceiro, Igrexa, Fontes e San Cosme. En próximos artigos trataremos sobre a demografía da nosa parroquia, pero como curiosidade dicir que Baíña arrancaba o século XX con 719 vecinos e nos anos finais do século esa cifra era o maís do doble, 1715 veciños, sendo una dás parrquias maís poboadas do Val Miñor.
A nosa parroquia conta cun gran patrimonio cultural e natural e pouco a pouco iremos coñecendo, ademais conta cunha gran actividade social con diversos grupos culturais, artísticos e deportivos.
Durante os seguintes meses iremos publicando diferentes artigos sobre diversas zonas da parroquia para ir ampliando esta información que seguro será do interese de moita xente, así como iremos falando da toponimia, da natureza, das xentes, das actividades relativas a parroquia, etc.
Plano do libro Santa Mariña de Baíña e o Emeritorio de San Cosme (2008)
No hay comentarios:
Publicar un comentario